Skip to content

Xuntanza de motos e coches clásicos na XLVII Festa do Viño de Barro

O domingo da Festa do Viño a partir das 11:00 h, Barro converterase no punto de encontro obrigado para amantes do motor e do coleccionismo.

No marco da programación da XLVII Festa do Viño, organizamos unha Xuntanza de Coches e Motos Clásicas aberta á participación tanto de automóbiles históricos coma de motocicletas.

O público asistente terá a oportunidade de admirar de preto verdadeiras xoias sobre rodas, deseños icónicos doutras épocas e vehículos coidados con esmero que forman parte da nosa historia automobilística. Unha proposta máis dunha programación da festa do Viño pensada para todos os públicos.

ℹ️ Información importante para participantes:

🟢 A inscrición para participar no evento é totalmente gratuíta. O rexistro é de carácter obrigatorio co obxectivo de asegurar unha correcta loxística e distribución dos vehículos no espazo habilitado.

✍🏻 Para reservar a túa praza, é preciso contactar coa organización no teléfono 680 502 154 ou cubrir o formulario de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc-oN1ITq0W33wMudX-b1ARx3lMOZKm0CxjGKtGz61kvbh5RQ/viewform