Demos o pistoletazo de saída! Onte inauguramos con gran éxito o ciclo de formación para maiores de 50 anos co primeiro obradoiro: “Hábitos para unha mente saudable”.
Esta iniciativa, impartida por persoal da Universidade de Vigo, nace do convenio entre a UVigo e o Concello de Barro para achegar o coñecemento á nosa veciñanza.
Aínda estás a tempo de sumarte ás vindeiras citas
Prevención de caídas nas persoas maiores
12 de maio |
16:30 h (3h)
Aprende a salvar unha vida
26 de maio |
16:30 h (3h)
Timos
3 de xuño |
16:30 h (2,5h)
Podes inscrbirte nos obradoiros que máis che interesen. Na Biblioteca Municipal, en horario habitual de apertura.

