A escola unitaria de Curro está en risco de peche por falta de matrículas para o vindeiro curso.
Só faltan por cubrir dúas prazas para mantela aberta. Se non se consegue, a Xunta procederá ao peche do centro.
A EEI de Curro ofrece un ensino público de calidade, con grupos reducidos e unha atención próxima, personalizada e adaptada ás necesidades de cada neno e nena.
Manter esta escola é garantir un servizo esencial para as familias e defender o futuro do noso rural.
O prazo de prematrícula remata o luns 23 de marzo
Para máis información: 630 32 83 40
