Onte tivo lugar unha xuntanza dos alcaldes de Barro, Cuntis, Moraña e Portas co obxectivo de reforzar a coordinación e o traballo conxunto no desenvolvemento do Proxecto de Prevención das Condutas Adictivas no Eido Local.
Durante a reunión fíxose balance das accións desenvoltas ao longo de 2025 nos ámbitos escolar, familiar, xuvenil e comunitario, analizouse a situación actual das condutas adictivas e consolidouse a aposta firme dos catro concellos pola prevención, tanto das adiccións con substancia como sen ela.
As condutas adictivas continúan a ser un dos grandes retos da nosa sociedade, polo seu impacto na saúde e no benestar das persoas. Por iso, os concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas renovan o seu compromiso de seguir traballando unidos, convencidos de que a prevención é a ferramenta máis eficaz para reducir a incidencia, a mortalidade, a morbilidade e os problemas psicosociais asociados.
Este labor desenvólvese a través do Convenio de colaboración para o período 2025-2028, contando coa colaboración da Consellería de Sanidade
