Hoxe 10 de outubro, dende o Concello de BARRO queremos sumarnos á conmemoración do DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL. Este ano 2025 o seu lema céntrase na vulnerabilidade individual como denominador común da saúde mental.
“Compartimos vulnerabilidade, defendamos a nosa saúde mental”
Con este lema invítase a recoñecer que todas as persoas, en diferentes momentos da nosa vida, podemos atravesar dificultades emocionais e problemas de saúde mental. Polo que é imprescindible visibilizar esta realidade para afrontar esas situacións dende a empatía social, a responsabilidade afectiva e coa capacidade das propias persoas de pedir axuda como acto de resiliencia. Creando así, sociedades máis xustas, inclusivas e coidadoras que favorecen a contrución da saúde mental.
Se quere descargar o cartaz en horizontal prema aquí.
Se quere descargar o cartaz en vertical prema aquí.