Skip to content

Carme González será a encargada de prender o tizón de Nadal

🎄 Esta tarde ás 19:30 horas, o Pazo da Crega converterase no escenario da recuperación dunha tradición da cultura popular galega: o prendido do Tizón de Nadal. Este evento, que promete ser unha homenaxe ás nosas raíces culturais, será levado a cabo por Carme González Parada, unha veciña centenaria do noso concello, quen coa súa sabedoría e experiencia, dará vida a este costume ancestral.

🔥 Antes do aceso, a antropóloga e colaboradora da TVG, Lida Mariño, ofrecerá unha breve exposición sobre a rica historia e significado do Tizón de Nadal e outros costumes populares da nosa tradición.