Skip to content
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Concurso Curtas D-Medo 2024

Setembro 2 @ 11:23 - Setembro 15 @ 14:00

CONCURSO CURTAS D-MEDO 2024

🎥 Tes unha historia por contar? Unha visión que compartir? É hora de mostrar o teu talento detrás da cámara!
🎥Desafiámoste a crear unha curtametraxe, de 3 minutos en galego, que mostre a túa creatividade, paixón e perspectiva única.
Xa sexa drama, comedia, documental ou calquera xénero que elixas, este é o teu momento.
🎥Este ano propoñemos que empreguedes nas vosas creacións, aos seres mitolóxicos galegos que sobreviviron no folclore e na tradición oral.
👉 Que precisas?
A túa imaxinación, unha cámara (incluso a do teu teléfono é suficiente), e un equipo de amigos apaixonados polo cinema.
👉 Que hai en xogo?
Ademais da oportunidade de mostrar o teu traballo a noite o 31 de outubro, teremos premios emocionantes para as curtas máis destacadas, así que a recompensa é doce!
📅ENTREGA DAS OBRAS
Prazo de presentación de solicitudes e curtas ata o 24/10/2024
PREMIOS
📀 Premios na categoría Xeral:
1º premio: 200 €
2º premio:100€
3º premio: 70€.
📀Premio categoría D-Medo no IES:
Vale de gasto 60€
📀Premio do público:
Vale de gasto 60€
💞 PROXECCIÓN CURTAS
31/10/2024 a partir das 21:00h
Consulta as bases e descarga os formularios en https://barro.sedelectronica.gal/info.0 (busca no taboleiro o día 18 de setembro)
Información na OMIX de Barro.
Horario: luns, mércores, venres de 9:00 a 14:00 horas
Martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas
☎️986714806 – 690722812.

Detalles

Comezo:
Setembro 2 @ 11:23
Remate:
Setembro 15 @ 14:00