O alcalde recibíu no concello a Andrés Acuña, responsable de Panadería Acuña, quen lle informou de que o próximo 1 de agosto abrirá a cafetería que forma parte das instalacións que veñen de rematar de construír no polígono de Barro.
No encontro, o responsable da empresa trasladoulle ao alcalde que teñen o obxectivo de empezar a producción no obradoiro de panificación a principios de 2025, coa idea de rematar nese ano o traslado a Barro de todo os seus procesos de elaboración. Así mesmo, tamén lle informou de que a empresa instalará nas instalacións un buzón para recoller os curriculums de todas as persoas con interese en formar parte do plantel de traballo de Acuña.
O alcalde trasladoulle o seu agradecemento por ter escollido e apostado por Barro como lugar no que fixar toda a producción da súa empresa e desexoulle moita sorte nesta nova etapa.