O alcalde, Fernández Abraldes, o concelleiro de obras de accesos a núcleos e medio rural, Iván Bello, e o concelleiro da parroquia de Valiñas, Roberto Rivas, supervisaron o remate das obras de mellora de acceso ao lugar de Ortigueira, na parroquia de Valiñas.
Estas obras, consistiron na pavimentación e no ancheamento da estrada, así como na construción de gabias para as augas pluviais nas marxes. O orzamento total deste proxecto ascendeu a 56.035,49 euros e foi executado pola empresa Oresa S.L. Para financiar esta actuación, o goberno municipal contou cunha subvención de 47.373 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a través do programa Plan Marco de mellora de camiños municipais. A cantidade restante financiouse con fondos propios municipais.