Seguindo coa conmemoración do Día Mundial sen tabaco (31 de Maio) e coa aposta do Concello de Barro pola redución do tabaquismo entre a súa poboación, así como a promoción de hábitos saudables. Dende o Concello realizarase o 12 de xuño unha Xornada informativa sobre TRATAMENTOS PSICOLÓXICOS E FARMACOLÓXICOS eficaces para deixar de fumar. Na que ao longo de hora e media se darán directrices e ferramentas claras e sinxelas que facilitarán o proceso de abandono do consumo de tabaco. Animamos a toda a poboación fumadora de Barro a inscribirse e asistir á mesma.
Inscripción: Departamento prevención das condutas adictivas: 986595922
Servicios Sociais Concello: 986617227
Para acceder ao cartaz prema aqui.