Cristina Pereira Candelo, nacida en Barro no ano 2000, incorporarase á #GaleríaDeMulleresNaCiencia de Barro.
No Día Internacional da Muller na Ciencia, queremos destacar o inicio do camiño de Cristina Pereira Candelo no ámbito da Enxeñería Química. Para ela e moitas mulleres, cursar unha carreira científica durante a pandemia representou un desafío que esixiu tenacidade e adaptabilidade. Actualmente, Cristina xa está a traballar no campo da Enxeñería Química, o que demostra a súa dedicación e éxito temperán nesta área.
Desexamos que o seu exemplo inspire a outras mozas do noso municipio para perseguir os seus soños no mundo da ciencia.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, a artista de Barro, Aroa Outón, será a encargada de crear o retrato que se sumará a esta lista de mulleres dedicadas a diversos campos da ciencia.
Moitos parabéns , Cristina! Estamos seguros de que o teu futuro na Enxeñería Química será brillante e cheo de logros.