![]()
“As Cegas de Ouselle” é un espectáculo musical e visual que repasa o mundo das persoas cegas que antigamente tocaban polas feiras. Trátase dunha mirada actual sobre as pezas de tradición galega con especial achegamento ás músicas portuguesas.
Antón Castro pon a voz e a zanfona, aldara Palmeiro o violín e Miguel Lustres o acordeón e a voz.
