O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fdez. Abraldes, reúnese con representantes dos
bombeiros dos parques comarcais que levan meses en folga. Durante o encontro
informaron ao alcalde de cales son as súas reivindicacións, que van desde melloras no
convenio colectivo, melloras en materia de seguridade, ampliacións de plantillas e
outras melloras no servizo que están prestando. Tamén lles trasladaron que as persoas
responsables do consorcio non se reúnen con eles para tratar as súas reivindicacións.
Abraldes trasladoulles o seu apoio a estas reivindicacións que considera xustas, pois
desempeñan un servizo público fundamental para o conxunto da sociedade e é
necesario que este servizo estea cuberto cos e coas profesionais suficientes e que
dispoñan dos recursos tanto materiais como humanos necesarios para o desempeño do
seu labor da mellor forma posible.
O alcalde comprometeuse a trasladar ao resto da corporación municipal as súas
reivindicacións.