Skip to content

FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2023.

Faise Saber que aquelas persoas interesadas en realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán   (noite de 23 ó 24 de xuño) e San Pedro (noite do 28 ó 29 de xuño), teñen de prazo ata o día 22 de xuño  (San Xoán) e ata o día 27 de xuño (San Pedro), para presentar unha comunicación no Rexistro do Concello ou a través de instancia xenérica en https://barro.sedelectronica.gal/ .

Deberán terse en conta as seguintes normas:

-As fogueiras non poderán iniciarse antes das 0:00 horas da noite de San Xoán ou San Pedro e terán que estar totalmente rematadas ás 4:00 horas.

-A montaxe das fogueiras deberá realizarse en lugares despexados.

– A fogueira non superará unha altura superior a 2 metros e un diámetro de 3 metros (no caso das realizadas en terreos particulares), e unha altura de 3 metros e un diámetro de 4 metros (no caso das realizadas na vía pública).

– So se queimará material combustible sólido, quedando expresamente prohibida a queima de neumáticos, gomaespumas, plásticos, aerosoles de calquera clase, ou calquera outro tipo de residuo inflamable.

-As persoas organizadoras ou responsables das fogueiras, deberán ser maiores de idade, sendo responsables da súa total e correcta extinción, coidando de que ao remate da mesma as cinzas queden totalmente apagadas.

-Con exceso de vento queda prohibido prender fogueiras.

– No suposto de que o índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) sexa moi alto ou extremo o día de celebración, quedara totalmente prohibida a realización das fogueiras previamente comunicadas ou autorizadas.

Esta Alcaldía fai un chamamento á veciñanza para que faga un correcto cumprimento das normas.

Para ver o BANDO (pinchar aqui)

Para acceder á solicitude (pinchar aquí)