Skip to content

Sinatura do convenio para a construcción do novo centro de Saúde de Barro

✍🏻 𝗦𝗶𝗻𝗮𝘁𝘂𝗿𝗮 𝗱𝗼 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗲𝗻𝗶𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘁𝗿𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗻𝗼𝘃𝗼 𝗖𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝘀𝗮𝘂́𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼

🫱🏻‍🫲🏼 Esta mañá o Alcalde de Barro, Xosé Manuel Fdez. Abraldes, e o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, procederon á sinatura do convenio a través do cal a Xunta executará as obras de construción do novo centro de saúde de Barro. No acto de sinatura tamén participaron o Concelleiro de obras local, Iván Bello Ferreiro, o Delegado territorial da Xunta de Galicia, Luís López Diéguez, e o Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-salnés, José Flórez Arias.

👩🏽‍⚕️ O novo centro de saúde de Barro contará cunha superficie total de 800 m2, fronte aos 320 m2 cos que conta o centro actual, e estará dotado de 4 consultas de adultos, 1 sala polivalente, 1 sala de toma de mostras, área de pediatría con dúas consultas e 1 consulta de matrona.

🏛️ Os responsables da Xunta de Galicia valoraron a rapidez coa que a administarción local foi capaz de xestionar todos os trámites en tempo récord, o que permitiu que a construción do novo centro de saúde pasara da Fase 2 á Fase 1, adiantando así Barro a moitos outros concellos.

🏗️ O Conselleiro transladoulle ao Alcalde a súa previsión de que as obras poidan comezar a executarse no período dun ano, prazo necesario para a redacción do proxecto e as distintas tramitacións necesarias.