Emigración
Emigrantes retornados
Os trámites para que un emigrado ou descendente con dereito á nacionalidade española retorne á súa terra divídense en dous momentos fundamentais: antes e despois do retorno.
Trámites antes do retorno
- Recuperación da Nacionalidade Española
- Obtención do Pasaporte Español
- Certificados de nacemento, Matrimonio ou Defunción
- Acreditación de Traballo nas Estranxeiro
- Franquías para a importación de mobiliario e efectos persoais
- Xestión de Contas Bancarias no Exterior
Estes trámites dependen, en última instancia, das delegacións consulares de España nos países de retorno.
Trámites despois do retorno
- Empadroamento
- Obtención do DNI
- Permiso de condución
- Obtención do Certificado de Emigrante Retornado
Desemprego e axudas
Co Certificado de Emigrante Retornado, se este acredita que a persoa traballou polo menos 12 meses nos últimos 6 anos no estranxeiro, pódese solicitar ao Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) o subsidio de emigrante retornado, válido ata 18 meses en situación de desemprego.
Ademais, ofrécense outros tipos de axudas, xa sexan axudas extraordinarias, mesmo paro ou prestacións para maiores.
Emigrantes residentes no estranxeiro
Existe un conxunto de axudas ou subvencións ás cales pode aplicar aquel migrante residente no exterior. Entre elas, axudas para actividades culturais, viaxes turísticas a Galicia, pensións a anciáns, asistencia médica a incapacitados, etc.
Moitas destas axudas poden xestionarse a través do Centro Gallego do país en cuestión ou na súa delegación consular correspondente.