Maiores

A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia é a encargada de coordinar a atención de programas especiais para os maiores, así como velar de que se cumpran as lexislacións vixentes con respecto a persoas en situación de dependencia.

Anciáns e dependencia

Según a Xunta de Galicia, deben darse tres circunstancias para que unha persoa sexa valorada como dependente:

A existencia dunha limitación (física, intelectual ou sensorial) que mingua determinadas capacidades da persoa.

A incapacidade da persoa para realizar por si mesma as actividades da vida diaria.

A necesidade de asistencia por parte dunha terceira persoa.

Independentemente da súa idade, moitos maiores atópanse nesta situación, algunhas veces adiantada por enfermidades ou outras limitacións. Unha vez ocorrida a valoración de dependencia, a persoa pasaría a ser beneficiaria das axudas establecidas en disposicións estatais e autonómicas.

Formación e superación

Ademais da normativa sobre a situación de dependencia, a Consellería de Política Social e Xuventude pon ao dispor dos maiores algúns programas para afastalos de situacións de vulnerabilidade.

Entre eles, atópanse a Guía de actuación coordinada contra os malos tratos a persoas maiores ou con discapacidade, o Programa de acollemento a persoas maiores e o Programa de teleasistencia domiciliaria.

Por outra banda, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais ofrece cada ano o seu Programa de Turismo para maiores.

Pódese consultar nestes teléfonos:
T. 912 667 713 / T. 917 033 981

ou no seguinte correo electrónico:
buzon@imserso.es

Programas locais

Para incentivar o envellecemento activo, e co apoio de varios establecementos hostaleiros das Rías Baixas, o Servizo de Cohesión Social e Xuventude coordina o programa local Depotermal.

Nel, bríndase ás persoas maiores de 50 anos a opción de asistir por uns días previamente pactados a balnearios ou spa da zona. Así fomentan a actividade física e a interacción social. A soidade é un factor importante de vulnerabilidade para os maiores.