A Excma. Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza un Programa orientado a mellorar a calidade de vida e envellecemento activo. No Programa ofrécese unha estancia de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os venres despois de xantar) nun hotel con talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.
Establecementos: GRAN TALASO HOTEL SANXENXO 4* (SANXENXO), HOTEL CARLOS I SILGAR 4* (SANXENXO), HOTEL SPA NORAT TORRE DO DEZA 4* (LALÍN), HOTEL SPA GALATEA 4* (PORTONOVO, SANXENXO), HOTEL NOVO ASTUR & SPA 3* (VILALONGA, SANXENXO), HOTEL NORAT MARINA AND SPA 4* SUPERIOR (O GROVE), HOTEL SPA NORAT O GROVE 3* SUPERIOR (O GROVE) e TALASO HOTEL LOUXO LA TOJA 4* (ILLA DA TOXA, O GROVE).
Requisitos: Establecidos nas bases (BOPPO 35 de 20/02/2026):
– Estar empadroadas na provincia de Pontevedra.
– Ter 55 anos ou máis.
– Para persoas menores de 55 anos, deberán concorrer nelas algunha das seguintes:
- Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou co certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
- Posuír a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outros.
- Ter recoñecido pola Xunta que o demandante é a persoa coidadora dunha persoa dependente, ou no seu defecto ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do seu Concello, un respiro familiar.
– Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
– Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
– Poder realizar as actividades elementais da vida diaria de forma autónoma.
De acordo co establecido na base sexta da convocatoria, os importes a subvencionar pola Deputación viran dados polas condicións de cada solicitante, de forma individual. O Concello subvencionará 10,00 € por praza.
Os interesados/as deberán acudir ó Departamento de Servizos Sociais provistos do DNI e certificado da pensión si é o caso.PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CONCELLO: ata o 12 de MARZO de 2026.
Para acceder ao anuncio prema aqui.