O Concello de Barro organiza os obradoiros gratuítos “Nadal en Verde”, dirixidos a nenos e nenas de 6 a 12 anos, cunha programación pensada para fomentar a creatividade, a educación ambiental e a conciliación familiar durante o Nadal.
📅 Datas: 27, 29 e 30 de decembro
🕙 Horario: de 10:00 a 13:00 horas
📍 Lugar: Pazo de Barro
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de preinscrición a través do formulario que se indica a continuación.
ℹ️ A inscrición realizada a través deste formulario ten carácter de PREINSCRICIÓN.
A inscrición definitiva formalizarase presencialmente o propio día do obradoiro, no momento da chegada do neno ou nena.
Formulario de preinscrición
