O programa “Xoves ao Clareo” 2025 do Concello de Barro propón un ciclo de actividades estivais dirixido á mocidade, cun enfoque lúdico, participativo e ao aire libre, todas no Pazo da Crega. As actividades están repartidas entre agosto e setembro, buscando ofrecer alternativas de ocio saudable e diverso para a xente nova do municipio.
📅 Actividades 2025:
NOVA DATA: 21 de agosto (21:00 h): 🎨 Festa Holi con DJ MOE – Unha explosión de cor e música para comezar o ciclo con festa e enerxía.
21 de agosto (19:30 h): 🧗 Rocódromo – Actividade de escalada dirixida, que combina deporte e diversión.
28 de agosto (20:00 h): 🚴 Circuito en bici – Proba con obstáculos pensada para poñer a proba a destreza sobre dúas rodas.
4 de setembro (20:00 h): 💃 Baile Urbano – Obradoiro ou exhibición para practicar e gozar de ritmos modernos e urbanos.
📍 Lugar: Pazo da Crega ℹ️ Máis información e inscricións:www.barro.gal
Unha proposta diversa, activa e gratuíta para dinamizar os seráns de verán e fomentar a participación xuvenil no concello.
O Concello de Barro reafirma a súa aposta pola saúde pública e, en especial, pola prevención das condutas aditivas trala firma e entrada en vigor, hoxe 1 de xullo de 2025, do novo “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE OS CONCELLOS DE CUNTIS, BARRO, MORAÑA E PORTAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS NO EIDO LOCAL” 2025 – 2028.
Dende o Servizo de prevención das condutas aditivas continuaranse realizando actuacións preventivas nos principais ámbitos de socialización: escolar, familiar, xuvenil, laboral e comunitaria; pretendendo así, aumentar os factores de protección e diminuír os factores de risco asociados ás condutas aditivas, para lograr reducir a prevalencia destas condutas entre a nosa veciñanza, especialmente entre a xuventude de Barro.
Os Servizos que se prestarán de forma gratuíta na Unidade de Prevención das condutas aditivas serán:
Asesoramento sobre tratamentos de deshabituación de drogas, intervención breve, derivación centros asistenciais.
Asesoramento sobre tratamentos das adiccións sen substancias (abuso TRIC, xogos de azar), intervención breve, derivación centros asistenciais.
Tratamento para deixar de fumar.
Asesoramento familiar sobre a prevención das condutas aditivas dende a familia (prevención consumo de drogas, abuso das TRIC e uso/adicción a xogos de azar).
Aplicación dos programas preventivos da Carteira de Servizos en materia de prevención das condutas aditivas (Consellería de Sanidade):
Programa de prevención das condutas adictivas dende o ámbito educativo (PPCDE): Ámbito escolar, carácter universal.
Cine e saúde: Ámbito escolar, carácter universal.
Non pasa nada, pasa algo?: Ámbito escolar, carácter selectivo.
Máis que un teito: Ámbito familiar, carácter universal.
Activa: Ámbito xuvenil, carácter universal.
Programa Comunitario de Información e Sensibilización: Ámbito comunitario, carácter universal.
Programa combinado para deixar de fumar: Ámbito comunitario, carácter indicado.
Ao alcance: Ámbito laboral, carácter universal
Finalmente, dende o Concello de Barro quérese animar á poboación a solicitar, sempre que o necesiten, algún dos Servizos preventivos antes sinalados, reiterando que os mesmos son gratuítos e confidenciais.
Contacto Servizo de prevención das condutas adictivas: