Os alcalde dos Concellos de Barro ,Cuntis, Moraña, Portas e Campolameiro mantiveron hoxe unha reunión de traballo no Concello de Cuntis para dar continuidade ao proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local, dando servizo de prevención das condutas adictivas á poboación dos Concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas. Dentro deste Proxecto, cofinanciado polos cinco concellos antes sinalados desenvolveranse varios programas preventivos da Carteira de Servizos en materia de prevención, pertencentes ao ámbito escolar, familiar, xuvenil e comunitario, Intentando cos mesmos potenciar hábitos e estilos de vida saudable e promover a prevención das condutas adictivas entre a poboación de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas; especialmente entre a súa xuventude e as familias con fillas e fillos en etapa escolar.
Servizos prestados pola Unidade de Prevención das condutas adictivas:
- Asesoramento sobre tratamentos de deshabituación de drogas, derivación centros asistenciais.
- Asesoramento sobre tratamentos das adiccións sen substancias (abuso TIC, xogos de azar), derivación centros asistenciais.
- Tratamento para deixar de fumar.
- Asesoramento familiar sobre a prevención das condutas adictivas dende a familia (prevención consumo de drogas, abuso das TIC e uso/adicción a xogos de azar).
- Aplicación programas preventivos da Carteira de Servizos en materia de prevención das condutas adictivas (Consellería de Sanidade):
- Programa de prevención das condutas adictivas dende o ámbito educativo (PPCDE). Ámbito escolar, carácter universal.
- Cine e saúde. Ámbito escolar, carácter universal.
- Non pasa nada, pasa algo? Ámbito escolar, carácter selectivo.
- Máis que un teito. Ámbito familiar, carácter universal.
- En familia todos contan. Ámbito familiar, carácter selectivo.
- Activa. Ámbito xuvenil, carácter universal.
- Programa Comunitario de Información e Sensibilización. Ámbito comunitario, carácter universal.
- Programa combinado para deixar de fumar. Ámbito comunitario, carácter indicado.
