Skip to content

🩺 Hoxe, 7 de abril, conmemórase o Día Mundial da Saúde. Este ano 2025, a Organización Mundial da Saúde (OMS), centra as reivindicacións no lema “COMEZOS SAUDABLES, FUTUROS ESPERANZADORES”. Con dita campaña, preténdense defender os dereitos de todas as mulleres, familias e neonatos, en todas as partes do mundo, a ter acceso a servizos de saúde, educación e información de calidade.

🏊🏻‍♂️ Desde o Concello de Barro, a través do Proxecto de prevención das condutas aditivas, sumámonos á OMS para reivindicar a importancia da saúde e da asistencia sanitaria universal. Para iso, convidamos a toda a veciñanza a ler o Manifesto do Día Mundial da saúde que se adxunta nesta entrada, así como a seguir os 7 hábitos clave que desde a OMS se consideran determinantes para ter unha vida máis saudable.