O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o concelleiro de Obras de accesos a núcleos e Humanizacións, Iván Bello Ferreiro, visitaron xunto co Deputado provincial de Novas tecnoloxías e Contratación, Ricardo Martínez Chantada, os accesos ao parque da natureza de Barosa, onde se vai executar un proxecto elaborado polo concello de Barro e financiado pola Deputación de Pontevedra con cargo ao ao Plan Provincia Extraordinaria e ao Plan +Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra.
Este proxecto ten como obxectivo principal mellorar o acceso a Barosa desde a N-550, realizando unha transformación integral de todo a vía de acceso ao parque ao logo dos seus preto de 500 metros, coa implementación de medidas de seguridade viaria, coa mellora dos aparcadoiros, coa creación dunha senda peonil segura para conectar as fervenzas co Camiño de Santiago ou, entre outras actuacións, coa renovación integral do alumeado.
