Skip to content

Convenio coa Coral Polifónica para 2025

O alcalde e a presidenta da Coral Polifónica de Barro, Sofía Solla Ruibal, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades para o ano 2025. No acto estiveron presentes, Adrián Silva Magdalena, concelleiro de Cultura, e Alfonso Rodríguez, membro da Directiva da Coral.

Con esta colaboración, o concello aporta a cantidade económica de 3.000 euros para axudar ao financiemento e mantemento do colectivo, que pola súa parte, comprométese a realizar oito actuacións a demanda do concello de Barro e a dar a posibilidade ás veciñas e veciños de Barro que queiran participar e aprender a modalidade de canto coral.