Skip to content

Renovación do convenio Concello-Barro CF para o ano 2025

O alcalde, Fernández Abraldes, asinou co Presidente do Barro CF, José Sanmartín, a renovación do convenio de colaboración entre ambas entidades para este ano. No acto tamén estiveron presentes, ademais de Andrea Pérez Cal, concelleira de Deportes, Eva Paredes, Juan Pena e Ricardo Fernández, como representantes da Directiva do Barro C.F.

Coa sinatura deste convenio, o concello renova o seu compromiso de contribuir ao financiamento do Barro CF, aportando a cantidade de 8.000 euros.

Pola súa banda, o Barro CF comprométese en contraprestación a promover a participación e a formar nesta disciplina a todas as nenas e nenos de Barro que queiran practicar tanto o fútbol como o fútbol sala.