O Concello de Barro a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas, realizará o mércores 2 de abril un Taller en liña de prevención de condutas alimentarias de risco no ámbito familiar. Alimentándonos de saúde. Co que informar e dar ferramentas as familias para a xestión da adolescencia, aumentar o seu coñecemento sobre as condutas de risco, e promover unha mellor educación nutricional e alimentaria coa que previr Trastornos da conduta alimentaria entre as súas crianzas.
A sesión será realizada en liña por persoal especializado da UNAF (Unión de asociacións familiares).
ANIMÁDEVOS! A vosa presenza é moi importante.
Onde? En liña
Cando? 2 abril de 18:30 a 20:00
Inscrición? Clicando no cartel en “INSCRÍBETE”. Posterior envío acceso ao Taller (Zoom).