Renovación do convenio Concello-Barro CF para o ano 2025

O alcalde, Fernández Abraldes, asinou co Presidente do Barro CF, José Sanmartín, a renovación do convenio de colaboración entre ambas entidades para este ano. No acto tamén estiveron presentes, ademais de Andrea Pérez Cal, concelleira de Deportes, Eva Paredes, Juan Pena e Ricardo Fernández, como representantes da Directiva do Barro C.F.

Coa sinatura deste convenio, o concello renova o seu compromiso de contribuir ao financiamento do Barro CF, aportando a cantidade de 8.000 euros.

Pola súa banda, o Barro CF comprométese en contraprestación a promover a participación e a formar nesta disciplina a todas as nenas e nenos de Barro que queiran practicar tanto o fútbol como o fútbol sala.

OBRADOIRO GRATUITO PARA FAMILIAS ” Prevención de alteracións da alimentación en nenos, nenas e adolescentes dende o ámbito familiar”.

O Concello de Barro a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas, realizará o mércores 2 de abril un Taller en liña de prevención de condutas alimentarias de risco no ámbito familiar. Alimentándonos de saúde. Co que informar e dar ferramentas as familias para a xestión da adolescencia, aumentar o seu coñecemento sobre as condutas de risco, e  promover unha mellor educación nutricional e alimentaria coa que previr Trastornos da conduta alimentaria entre  as súas crianzas.

A sesión será realizada en liña por persoal especializado da UNAF (Unión de asociacións familiares).

ANIMÁDEVOS! A vosa presenza é moi importante.

Onde? En liña

Cando? 2 abril de 18:30 a 20:00

 Inscrición? Clicando no cartel en “INSCRÍBETE”. Posterior envío acceso ao Taller (Zoom).

Mafari escolle Barro para construír o seu centro loxístico e un torradeiro de café

O concello de Barro vén de aprobar a solicitude de licenza da empresa Mafari, para construír en Barro, no polígono de Outeda, unhas instalacións destinadas á torrefacción de café, ademais de para albergar o seu punto central loxístico.
Mafari construirá as súas instalacións en dúas parcelas, a A22 e a A23, que xuntas suman ao redor de 10.000 metros cadrados. A superficie que ocupará o complexo industrial sobre as parcelas será de 4.300 metros e a superficie total das instalacións será de máis de 6.000 metros. O orzamento total de execución das obras, antes de IVE, ascende a 3.700.000 euros

Barro xera electricidade de autoconsumo para as instalacións municipais de Santo Antoniño

Rematou a instalación na nova cuberta do pavillón municipal de máis de 130 placas solares, coas que se dará subministro eléctrico ás instalacións municipais de Santo Antoniño. O excedente de produción verterase á rede eléctrica xerando unha compensación económica para o concello e reducindo aínda máis a factura eléctrica.

Esta actuación, da man de outras que vén desenvolvendo o concello nos últimos anos, como o cambio da LED de grande parte da alumeado público ou actuacións de aforro nas depuradoras,  ten como obxectivo camiñar cara a descarbonización e abaratar a factura eléctrica, dado que supón un dos maiores desembolsos nas contas anuais do concello.

O orzamento deste proxecto ascendeu a 72.707,87 euros, dos cales 19.551 foron financiados con cargo a fondos propios municipais e os restantes con cargo a fondos europeos. A empresa que executou os traballos foi Montaxes Eléctricas Noroeste S.L., por ser a mellor oferta presentada.

I Queima do Corvo de Coralia

🎭 O Entroido de Barro chegou ao seu fin coa primeira queima de Paco, o corvo burlón que é desde este momento o Rei do noso Entroido. Foron moitas as persoas que se achegaron para despedilo como se merecía, nunha noite chea de lume e emoción.

🔥 Ata o vindeiro ano, Paco!

O Corvo de Coralia visita os centros educativos

O alumnado do IES de Barro e do CEIP Amor Ruibl tiveron a oportunidade de coñecer de preto o Corvo de Corlaia, a figura tradicional do Entroido de Barro. Durante a visita, explicouse a historia deste personaxe e puideron ver a impoñente recreación do corvo.

O Corvo de Coralia será incinerado este domingo pola tardiña, poñendo así fin ao Entroido 2025.

Festival de Murgas e incineración do Corvo de Corlaia

🐦‍⬛ O Entroido de Barro chega ao seu fin este domingo 16 de marzo cunha xornada de festa que poñerá o broche de ouro a unha intensa programación chea de tradición e diversión. O Festival de Murgas será o gran protagonista da tarde, reunindo no escenario ás agrupacións Val do Lérez, Murga do Naveiro e Equipo Já, que farán gozar ao público co seu humor e música festiva.

Unha vez rematadas as actuacións, iniciarase a despedida do “Corvo de Coralia”. A incineración terá lugar nas inmediacións da Nave da Música, poñendo fin a esta edición do Entroido.

A veciñanza de Barro acompañará o defunto corvo ata o lugar da incineración e, despois dunhas sentidas palabras, procederase á queima dos seus restos

As historias do “Corvo de Coralia”

📺 As historias do Corvo de Coralia, a figura central do Entroido de Barro, contadas por veciñas e veciños do Curuto e de Porráns e por familiares de Coralia e de Camila, as donas do corvo.

É un privilexio poder contar cos testemuños directos de persoas que coincidiron e conviviron dunha forma ou de outra co “Corvo de Coralia”, un animal que vivíu en Barro a mediados do século pasado e que tiña, nada máis e nada menos, que o don da palabra.

Agora, grazas á contribución destas veceiñas e veciños de Barro queda documentada toda a información sobre esta “rara avis” que sofreu, entre moitas outras peripecias vitais, un secuestro con final feliz.

#Entroido2025