🎄 Esta tarde ás 19:30 horas, o Pazo da Crega converterase no escenario da recuperación dunha tradición da cultura popular galega: o prendido do Tizón de Nadal. Este evento, que promete ser unha homenaxe ás nosas raíces culturais, será levado a cabo por Carme González Parada, unha veciña centenaria do noso concello, quen coa súa sabedoría e experiencia, dará vida a este costume ancestral.
🔥 Antes do aceso, a antropóloga e colaboradora da TVG, Lida Mariño, ofrecerá unha breve exposición sobre a rica historia e significado do Tizón de Nadal e outros costumes populares da nosa tradición.
O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o concelleiro de Cultura, Adrián Silva Magdalena, presentaron a programación deseñada polo goberno municipal para este Nadal en Barro, unha programación que destaca pola oferta variada de actividades para todos os públicos, pero que ten as nenas e nenos de Barro no epicentro, xa que son quen vive estas datas con maior entusiasmo e ilusión. O Pazo da Crega volverá ser o eixo central do Nadal en Barro que, ademais da variada programación de actividades, volverá contar cunha ambientación e decoración que atrae cada ano a máis visitantes e na que un equipo de persoas voluntarias da localidade leva desde hai semanas traballando sen descanso.
As actividades inaugúranse o día 20 coa apertura das instalacións ao público e cun Papá Nöel que recibirá desde a súa pousada de Barro as cartas de todas as cativas e cativos de Barro e arredores.
Polo Pazo da Crega pasarán entre outros Galifunk, o Apalpador, Brais da Hortas, O Mago Antón, todos os grupos e colectivos locais, como son as corais, o Grupo de Danzas, as Pandereteiras de Peñaflor ou a Banda Xuvenil e tamén actuará Ibuprofeno Teatro co seu coñecido espectáculo Furancho, protagonizado por Isabel Risco e Marián Bañobre.
Da programación deste ano destacan os obradoiros infantís gratuítos de Nadal que se celebrarán nas mañás dos sábados e nos que as cativas e cativos poderán aprender, divertirse e relacionarse durante o período de vacacións.
Para despedir o ano, o día 31 haberá actividades para as cativas e cativos, coas badaladas miúdas, e xa na noite do día 1, para recibir o ano novo, haberá unha festa para os maiores.
A programación tamén acolle outras actividades de moito interese como o mercado de Nadal, os concertos na capela do Pazo ou o Acendido do Tizón de Nadal, unha actividade baseada nunha tradición secular do Nadal galego que tamén se celebrou en Barro durante séculos e que está practicamente desaparecida. Esta tradición consiste en acender un toro grande de madeira o día 24 e mantelo acceso ata o día de Reis e levarase a cabo na lareira do Pazo da Crega.
O peche do Nadal de Barro porase co recibimento dos Reis Magos de Oriente e coa Cabalgata ata a Nave da Música, onde se despedirá aos Reis con música, rosca e chocolate.
Eres unha das máis de 450 persoas que van participar este domingo na II BTT Camiños de Barro? Aquí che deixamos unha listaxe dos establecementos nos que podes reservar para xantar
O concello de Barro acollerá o vindeiro domingo a 450 amantes do ciclismo de montaña na II BTT Camiños de Barro, unha edición cuxa acollida está a ser moi boa e que bateu o récord de participantes.
Un percorrido de 50 km de longo que atravesará os montes das parroquias da Portela, Perdecanai e de Barro, e que está especialmente deseñado para sorprender e coñecer os recunchos patrimoniais e naturais que se agochan en Barro.
Os 50 km da proba, a pesar de non ser competitiva, estarán cronometrados para que as persoas participantes poidan coñecer os seus tempos, mais dentro do percorrido si que haberá unha cronoescalada, un treito de menos dun quilómetro que si que será competitivo e que contará cunha cronometraxe específica. Ese treito leva por nome “A subida das ánimas” e agocha sorpresas para os ciclistas, quen terán que apertar para conseguir facerse cos trofeos que se reparten nas catro categorías.
Ducias de voluntarios e voluntarias estarán repartidas por todos os cruces e zonas técnicas para vixiar que todo decorra coa máxima seguridade tanto para as persoas participantes como para vehículos e veciñanza en xeral.
As persoas que queiran participar como voluntarias na organización da II BTT Camiños de Barro poden contactar coa organización a través da seguinte ligazón: https://barro.es/contacto/
O Pazo da Crega volverá ser o epicentro da programación do Nadal en Barro. Con actividades para toda a familia desde o 20 de decembro até o 5 de xaneiro.
Nos vindeiros días darase a coñecer a programación completa!
Xestionar Cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Always active
O almacenamento técnico ou o acceso é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de marketing similares.