Ximnasia de mantemento

Se tes interese en participar nas actividades de ximnasia de mantemento dirixidas a persoas de máis de 50 anos, chama ou achégate ás oficinas municipais e indica a túa preferencia horaria para a elaboración de distintos grupos.

Barro contra a violencia de xénero. Concurso, crea o logo e o lema do 25N

A conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro, é unha oportunidade clave para sensibilizar e educar en valores de respecto, igualdade e xustiza desde os centros educativos. Promover a participación do alumnado nun concurso de creación do logotipo e o lema, permite implicalos activamente na reflexión sobre a violencia de xénero, brindándolles un espazo onde expresar o seu rexeitamento a esta problemática e o seu compromiso cun entorno seguro e libre de discriminación.

Este concurso non só fomenta a creatividade e a colaboración entre o alumnado, senón que tamén facilita a interiorización da mensaxe de sensibilización que pode calar fondamente no seu entorno escolar e social. A través desta actividade, pretendemos que as novas xeracións comprendan a importancia do seu papel na construción dunha sociedade igualitaria e libre de violencia, impulsando un cambio que debe nacer no seo de cada comunidade educativa.

Bases: 20241108_Publicación_Anuncio_BASES BARRO CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

“O teu espazo xuvenil”

O Concello vai dotar a Nave da Música dun sistema de amplificación de son co obxectivo de mellorar e posibilitar o desenvolvemento de actividades xuvenís.

Para esta contratación que ten un orzamento de 2.934 euros, a Deputación de Pontevedra concedeulle ao concello de Barro unha subvención por importe de 2.100 euros, con cargo ao programa ” O TEU ESPAZO XUVENIL”.

ATENCIÓN TEMPERÁ BARRO

Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea O obxectivo principal destas axudas é promover a autonomía persoal de menores de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento O resultado que se pretende acadar é facilitar a inclusión social e a igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas.

Picklball: xornada de portas abertas

Tes interese en coñecer un novo deporte? Achégate o vindeiro sábado día 9 polo pavillón municipal e coñece o PICKLBALL!

Aberto a todas as idades

Leva só roupa de deporte, o resto do material proporciónaseche alí