SAMAÍN 2024

🎃 O vindeiro 31 de outubro celebraremos o noso tradicional Concurso de Calacús, e queremos lembrarvos que xa podedes ir buscando os vosos mellores calacús para participar! 🧙‍♀️🍂

📋 IMPORTANTE: Para participar, tedes que apuntarvos previamente na Oficina de Información Xuvenil. Non esperedes máis e asegurade a vosa praza!

Temos categorías e premios para todas as idades:

👶 Rapaces/as de 3 a 6 anos:

1º premio ao calacú mellor tallado/decorado: 30€

2º premio ao calacú mellor tallado/decorado: 25€

3º premio ao calacú mellor tallado/decorado: 20€

👧 Rapaces/as de 7 a 11 anos:

1º premio ao calacú mellor tallado/decorado: 30€

2º premio ao calacú mellor tallado/decorado: 25€

3º premio ao calacú mellor tallado/decorado: 20€

🧑‍🎓Mozos/as de 12 a 17 anos:

1º premio ao calacú mellor tallado/decorado: 30€

2º premio ao calacú mellor tallado/decorado: 25€

3º premio ao calacú mellor tallado/decorado: 20€

🧑‍🦱 Adultos/as de 18 anos en diante:

1º premio ao calacú mellor tallado/decorado: 40€

1º premio ao maior tamaño: 40€

🔥 Non quedes fóra desta tradición! Prepara o teu calacú, inscríbete na OMIX de Barro e únete á celebración! ✨

📅 Data do concurso e entrega dos calacús: 31 de outubro 🏆 Premios para os mellores calacús decorados e tallados!

Bases e máis información no Taboleiro da Sede electrónica do Concello de Barro: https://barro.sedelectronica.gal/preview-document.2

CONCURSO CURTAS D-MEDO 2024


Tes unha historia por contar? Unha visión que compartir?
Participa e crea unha curtametraxe, de 3 minutos en galego, que mostre a túa creatividade, paixón e perspectiva única.
Xa sexa drama, comedia, documental ou calquera xénero que elixas, este é o teu momento.
Este ano propoñemos que empreguedes nas vosas creacións, aos seres mitolóxicos galegos que sobreviviron no folclore e na tradición oral.
 
Que hai en xogo?
Ademais da oportunidade de mostrar o teu traballo a noite o 31 de outubro, teremos premios emocionantes para as curtas máis destacadas, así que a recompensa é doce!
📅ENTREGA DAS OBRAS
Prazo de presentación de solicitudes e curtas ata o 24/10/2024
PREMIOS
Premios na categoría Xeral:
1º premio: 200 €
2º premio:100€
3º premio: 70€.
-Premio categoría D-Medo no IES:
Vale de gasto 60€
-Premio do público:
Vale de gasto 60€
PROXECCIÓN CURTAS
31/10/2024 a partir das 21:00h
Consulta as bases e descarga os formularios en https://barro.sedelectronica.gal/info.0 (busca no taboleiro o día 18 de setembro)
Información na OMIX de Barro.
Horario: luns, mércores evenres de 9:00 a 14:00 horas
Martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas
☎️986714806 – 690722812.

👨🏼‍🏭 Plan Integrado de Emprego (PIE)

Unha ano máis, os concellos de Barro, Caldas, Cuntis, Moraña e Portas apostan conxuntmente polo Plan Integrado de Emprego como mellor forma para axudar á persoas desempregadas a formarse e mellorar as súas habilidades para incorporarse ao mundo laboral.

🗣️ Este proxecto conta, ademais, cun asesoramento laboral individualizado para cada participante, co obxectivo de axudar á inserción laboral

O PIE combina distintas actividades formativas con prácticas en empresas da contorna. As actividades previstas para esta edición e entre as que os/as participantes poden seleccionar as que prefiren son:

✅ Actividades básicas de loxística de almacén as de loxística de almacén
✅ Técnicas de venda en froitería, peixería e en carnizaría-chacinaría
✅ Operativa de Caixa-terminal punto de venda
✅ Habilidades sociais: comunicación, intelixencia emocional traballo en equipo
✅ Técnicas de busca de emprgo eficaz
✅ PRL para o manexo de desbrozadora e motoserra
✅ MS WORD 2016 avanzado
✅ MS EXCEL 2016 avanzado
✅ Informática básica
✅ Condución de carretillas elevadoras

🎓 Todas as persoas inscritas no programa percibiran unha axuda de 10€/día pola súa asistencia ás diferentes actividades nas que participen. Tamén se contempla a posibilidade de sufragar servizos para facilitar a conciliación das persoas participantes no programa, ademais de contar cos centros e servizos propios dos concello.

ℹ️ As persoas interesadas poden poñerse en contacto no teléfono 986 54 87 08

Formación sobre o alzheimer e outras doenzas

O martes 29 outubro de 16-20h, AFASAL (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias do Salnés) vai impartir no Salón de Plenos do Concello de Barro unha sesión informativa sobre Alzheimer e outras demencias, dirixida principalmente a coidadores/as de persoas cunha demencia neurodexenerativa, pero tamén a persoas diagnosticadas en fase moi temperá así como a calquera persoa interesada na temática.

As demencias teñen unha alta prevalencia (estímase que afectan ao 31,25% das persoas que superan os 85 anos), especialmente en Galicia, cunha poboación altamente envellecida. Ademais, o contexto rural experimenta un fenómeno de sobre envellecemento ao que se lle engade unha escaseza de servizos e ausencia de intervencións. Esta realidade non só afecta á persoa que padece a enfermidade, senón tamén a todo o núcleo familiar.

Por este motivo ponse a disposición das persoas afectadas esta formación gratuíta, que será impartida por unha psicóloga e unha traballadora social especializadas na temática. O obxectivo é formar, orientar e axudar a persoas que se atopen nesta situación, achegando coñecementos e recursos para poder afrontar mellor a enfermidade e mellorar a calidade de vida da persoa con demencia e da súa familia.

Incidencias provocadas polo temporal Kirk

⚠️ Atención:

O temporal provocou a caída de varios paneis laterais do pavillón de Curro. É importante non pasar polas inmediacións do mesmo mentres non se calma o vento, polo que procederemos a cortar a estrada..

📞 Prégase a máxima prudencia na circulación polas estradas e que se comunique nas oficinas do concello calquera incidente 986711002.

As obras da nova estrada de conexión entre Valbón e o Santo Antoniño entran na súa recta final

O alcalde de Barro, Fernández Abraldes, e o concelleiro de Obras de accesos a núcleos e de Seguridade viaria, Iván Bello, supervisaron os traballos de execución do proxecto co que o concello está creando unha nova conexión ao lugar de Valbón desde o núcleo de Santo Antoniño. O obxectivo deste proxecto é o de mellorar a comunicación entre o núcleo do Santo Antoniño con esta parte do concello e coa parroquia de Agudelo.

Con esta actuación, construirase unha nova estrada desde a rotonda da rúa do Pazo até o entronque co Camiño de Santiago, unha nova vía de comunicación que quedará totalmente urbanizada, con alumeado, con sendas peonís e con dous carrís de circulación.

Esta actuación tamén servirá para conectar o saneamento de augas residuais das vivendas do lugar de Valbón, polo que o concello xa ten adxudicado un novo proxecto para levar o saneamento a todo o lugar de Valbón e darlle saída a través deste nova conexión a través da ponte nova.

O proxecto conta cun orzamento de 174.986,82 euros, financiado con cargo á liña 1 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A empresa que está a executar os traballos é Construcións Vale S.L.

Festa infantil de San Breixo

📍 CAMBIO DE LOCLAIZACIÓN
A tradicional Festa infantil de San Breixo, por mor das previsións de choiva, vaise celebrar no pavillón municipal e non no campo da festa de San Breixo como estaba anunciado inicialmente.