O sábado día 14 de setembro, temos unha cita especial, na Biblioteca de Barro, coa maxia dos contos!
A coñecida contista e escritora Paula Carballeira visitaranos para compartir connosco historias cheas de aventuras, irmás valentes e camiños únicos.
Nos seus contos, como nas mellores aventuras, hai tres irmás: a maior, a do medio e a pequena, e o máis importante de todo… cada unha delas ten un nome propio, porque o nome é clave para que a historia quede na memoria.
Tamén hai camiños que levarán a cada irmá ao seu destino, porque non hai só unha forma de vivir a aventura! E perigos… Pero que maior perigo que aquel que fai pequenos aos outros?
Ven e escolle o teu camiño nunha mañá de historias inesquecibles con Paula Carballeira!
Data: 14/09/2024
Hora: 12:00
Lugar: Biblioteca de Barro.
Idade recomendada: a partir de 4 anos
Ven só ou trae aos teus amigos.
Máis información no 690722812. As prazas son limitadas, achégate á biblioteca a inscribirte!
Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.