O concello de Barro continúa a súa aposta por poñer en valor as parroquias mellorando a accesibilidade a todos os núcleos de poboación, así como a seguridade para persoas e vehículos. Agora será a quenda dos núcleos de Valbón, A Áspera e A Porriña, nas parroquias de Agudelo e da Portela.
O executivo local vén de adxudicar un porxecto cal se renovará a pavimentación da pista paralela á vía do tren, no acceso ao lugar de Valbón, así como a mellora do pavimento e ampliación do ancho da estrada no lugar da Áspera. Con este porxecto tamén se actuará no lugar da Porriña.
O orzamento desta actuación ascende a 110.242 euros, que se financiará con cargo ao Plan Máis Provincia 2024. A empresa encargada dos traballos será COVSA, por representar a mellor oferta presentada. Prevese que os traballos poidan comezar no mes de setembro.