Skip to content

O Pleno da corporación alega contra o proxecto do parque eólico do Castrove

O Pleno extraordinario da corporación municipal aproubo por unanimidade unha alegación conxunta contra o proxecto do parque eólico do Monte Castrove. Pois se ben ningún dos aeroxeradores iría en terreos de Barro, a liña eléctrica de evacuación do polígono eólico baixaría pola ladeira de Curro, en dirección á subestación do polígono de Outeda.

Esta liña viría aérea ata chegar ao lugar de Bretoña, atravesando soterrada polo medio do lugar, e despois volvería ir aérea polo val agrícola de Curro e boreando o lugar de Outeda.

A corporación estivo de acordo en que de levarse isto a cabo, isto afectaría moi lesivamente á veciñanza da parroquia de Curro, tanto no presente como no futuro, polo que se aprobou unha alegación ao proxecto mostrando o rexeitamento a este proxecto.

Foto de arquivo: