Skip to content

Moraima faise co premio ao mellor viño do XVII Certame Rías Baixas da Festa do Viño de Barro

Como xa é tradición, a Banda Xuvenil de Barro foi o colofón da Festa do Viño de Barro, co espectáculo Verbena sinfónica, nunha edición que recibiu milleiros de visitantes a pesar de estar marcada pola choiva.

A tradicional sardiñada do domingo repartiu cerca de 400 quilos de sardiñas antes do xantar popular, que bateu a súa marca de participación e no que participaron representantes dos concellos de Meis, Portas, Meaño, Ribadumia e Cambados.

No XVII Certame da DO Rías Baixas da Festa do Viño de Barro o primeiro premio foi para a cooperativa Viña Moraima de Barro, co seu albariño Moraima, o segundo para Avó Roxo de Meaño e o terceiro para o Maccerato da adega Viña Almirante de Portas.