Skip to content

ESPECTÁCULO TEATRAL POLO CORREO DO VENTO.

Co fin de divulgar a figura e obra de Luísa Villalta entre a infancia, mañá martes día 18 de xuño a Deputación de Pontevedra achega ao Concello de Barro unha actividade de contacontos que, de xeito ameno e participativo, fará que nenos e nenas do CEIP Amor Ruibal percorran a súa biografía baixo o título Tinta do mar: Pequena biografía de Luísa Villalta.
Nesta actividade, realizada por Polo Correo do Vento, alternarase a narración da vida da homenaxeada nas Letras Galegas coa creación dunha ilustración e a interpretación de distintas pezas musicais.
Rematarán cun pequeno coloquio adaptado á idade da rapazada participante e un obradoiro no que cada asistente realizará a súa propia caricatura da autora.