Semifinal da cata de viños caseiros da XLV Festa do Viño de Barro

🍷 Este domingo tivo lugar a semifinal do concurso de viños caseiros. Un comité de cata formado por catadores/as locais seleccionaron os viños que pasan á final do domingo 16, na que un comité de cata profesional decidirá os premios desta edición.

✅ Os/as catores/as aseguraron que este ano o nivel está moi alto!

Presentación da II Carreira Popular da festa do Viño de Barro

O Concello de Barro e o Club de Atletismo +9 poñen a marcha a segunda edición da Carreira Popular da Festa do Viño de Barro, unha proba deportiva que se estreou o ano pasado no calendario de atletismo e que deixou un gran sabor de boca entre as ducias de participantes.

O distancia da categoría absoluta será de 10 quilómetros, cun percorrido deseñado para gozar da paisaxe e do entorno natural e patrimonial de Barro. Haberá un total de 14 categorías, nas que participaran cativos a partir dos 3 anos de idade.

Esta actividade está englobada dentro da programación da XLV Festa do Viño de Barro e celebrase durante a mañá o domingo 23 de xuño. As inscricións e a consulta do regulamento pode facerse a través da páxina web www.galitimming.com.

Sábados na biblioteca. Ler conta moito 2024

A Biblioteca Municipal de Barro comeza as actividades de verán cunha Escape Room. Esta será a primeiria de tres actividades que se realizarán os sábados na Biblioteca de Barro, durante os meses de xuño, agosto e setembro.

Lugar: Barro, Biblioteca Pública
Día: Sábados
Hora: 12:00 h

Escape Room Data: 22/06/2024.

Obradoiro Stop motion: Data: 10/08/2024.

3 irmás, 3 camiños e 3 grandes perigos: Data: 14/09/2023. Hora: 12:00

Entrada gratuíta.
Prazas limitadas
Inscrición na OMIX/Biblioteca, no email omix@barro.es, podes solicitar o formulario para a inscripción.

Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.

#VeránbibliotecaBarro #SábadosnaBibliotecaBarro

TRATAMENTOS PSICOLÓXICOS E FARMACOLÓXICOS para deixar de fumar.

Seguindo coa conmemoración do Día Mundial sen tabaco (31 de Maio) e coa aposta do Concello de Barro pola redución do tabaquismo entre a súa poboación, así como a promoción de hábitos saudables. Dende o Concello realizarase o 12 de xuño unha  Xornada informativa sobre TRATAMENTOS PSICOLÓXICOS E FARMACOLÓXICOS eficaces para deixar de fumar. Na que ao longo de hora e media se darán directrices e  ferramentas claras e sinxelas que facilitarán o proceso de abandono do consumo de tabaco. Animamos a toda a poboación fumadora de Barro a inscribirse e asistir á mesma.

Inscripción: Departamento prevención das condutas adictivas: 986595922

                      Servicios Sociais Concello: 986617227

Para acceder ao cartaz prema aqui.

Espazo concilia 2024

🏡 𝗘𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗹𝗲𝗰𝗲𝗿-𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮 𝟮𝟬𝟮𝟰

O Concello de Barro en colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra pon en marcha un Programa orientado a fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero “Espazos de Lecer Concilia no 2024.

Este ano ofrécense un total de 200 prazas para os meses de xullo e agosto.

O prazo de presentación de solicitudes será do 4 ao 24 de xuño (ambos incluídos) nas oficinas municipais.

Xunto coa solicitude os interesados deberán entregar a seguinte documentación:

  • DNI do solicitante e do representante
  • Libro de Familia
  • Tarxeta sanitaria do menor
  • Volante de empadroamento
  • Xustificante da situación laboral dos proxenitores/titores
  • Xustificante bancario de ingreso da cota

Para acceder aos seguintes documentos de interés prema no seu título:

Proxecto Libera: recollida de basuraleza

♻️ Recollida realizada nos arredores do campo de fútbol e en zonas públicas e privadas na zona de Cesto Redondo e do Outeiro. Os residuos serán clasificados no Punto limpo.

🤝 Agradecemento a todos @s voluntari@s e á Comunidade de Montes da Portela pola súa colaboraración e implicación nesta xornada de recollida de barusaleza dentro do Proxecto Libera.

#LIBERA1m2#basuraleza#ProyectoLIBERA