O Goberno municipal, con motivo do Día do Orgullo LGTBI, instalou un banco coas cores da bandeira deste movemento, co fin de mostrar o seu apoio e reivindicar a loita deste colectivo.
Actividades polo día da Visibilidade LGTBI
Apertura da piscina municipal 2024
Percorrido da II Carreira Popular da Festa do Viño de Barro
Este domingo celébrase a II Carreira Popular da Festa do Viño de Barro, unha edición que contará con máis de 200 partipantes, case o dobre de corredores/as que na primeira edición.
O percorrido estará pechado ao tránsito de vehículos entre as 9:50 h e aproximadamente as 11:30 h. Mais nos tramos por onde vaia pasando o fin da carreira xa quedarán abertos ao tránsito con normalidade.
Encontro entre o alcalde de Barro e o Presidente da Deputación provincial
Abraldes mantivo na mañá de hoxe un encontro co Presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López Diéguez, no que falaron sobre as necesidades en materia de seguridade viaria nas estradas provinciais que discorren por Barro e dalgunhas melloras necesarias nos servizos do Polígono de Outeda. Na reunión, o alcalde e o presidente provincial tamén conversaron sobre os proxectos para Barro previstos para este ano financiados con cargo ao Plan Máis Provincia 2024.
ESPECTÁCULO TEATRAL POLO CORREO DO VENTO.
Moraima faise co premio ao mellor viño do XVII Certame Rías Baixas da Festa do Viño de Barro
Como xa é tradición, a Banda Xuvenil de Barro foi o colofón da Festa do Viño de Barro, co espectáculo Verbena sinfónica, nunha edición que recibiu milleiros de visitantes a pesar de estar marcada pola choiva.
A tradicional sardiñada do domingo repartiu cerca de 400 quilos de sardiñas antes do xantar popular, que bateu a súa marca de participación e no que participaron representantes dos concellos de Meis, Portas, Meaño, Ribadumia e Cambados.
No XVII Certame da DO Rías Baixas da Festa do Viño de Barro o primeiro premio foi para a cooperativa Viña Moraima de Barro, co seu albariño Moraima, o segundo para Avó Roxo de Meaño e o terceiro para o Maccerato da adega Viña Almirante de Portas.
FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO
As persoas interesadas en realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán (noite de 23 ó 24 de xuño) e San Pedro (noite do 28 ó 29 de xuño), teñen de prazo ata o día 21 de xuño (San Xoán) e ata o día 27 de xuño (San Pedro), para presentar unha comunicación no Rexistro do Concello ou a través de instancia xenérica en https://barro.sedelectronica.gal/ .
Deberán terse en conta as seguintes normas:
-As fogueiras non poderán iniciarse antes das 0:00 horas da noite de San Xoán ou San Pedro e terán que estar totalmente rematadas ás 4:00 horas.
-A montaxe das fogueiras deberá realizarse en lugares despexados.
– A fogueira non superará unha altura superior a 2 metros e un diámetro de 3 metros (no caso das realizadas en terreos particulares), e unha altura de 3 metros e un diámetro de 4 metros (no caso das realizadas na vía pública).
– So se queimará material combustible sólido, quedando expresamente prohibida a queima de neumáticos, gomaespumas, plásticos, aerosoles de calquera clase, ou calquera outro tipo de residuo inflamable.
-As persoas organizadoras ou responsables das fogueiras, deberán ser maiores de idade, sendo responsables da súa total e correcta extinción, coidando de que ao remate da mesma as cinzas queden totalmente apagadas.
-Con exceso de vento queda prohibido prender fogueiras.
– No suposto de que o índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) sexa moi alto ou extremo o día de celebración, quedara totalmente prohibida a realización das fogueiras previamente comunicadas ou autorizadas.
Esta Alcaldía fai un chamamento á veciñanza para que faga un correcto cumprimento das normas.
- Para acceder ao bando prema aquí.
- Para acceder á solicitude prema aquí.
APRAZADA A XORNADA DO 12 DE XUÑO DE 2024 “TRATAMENTOS EFICACES PARA DEIXAR DE FUMAR”.
Infórmase que a xornada “TRATAMENTOS EFICACES PARA DEIXAR DE FUMAR”, a celebrar o 12 de xuño de 2024, queda aprazada. para acceder ao cartaz prema aquí.
Semifinal da cata de viños caseiros da XLV Festa do Viño de Barro
Este domingo tivo lugar a semifinal do concurso de viños caseiros. Un comité de cata formado por catadores/as locais seleccionaron os viños que pasan á final do domingo 16, na que un comité de cata profesional decidirá os premios desta edición.
Os/as catores/as aseguraron que este ano o nivel está moi alto!