Skip to content

Ramón Ballesteros, enfermeiro durante 26 anos en Barro, será o pregoeiro da XLV Festa do Viño de Barro

O concello de Barro renderá homenaxe nesta XLV edición da Festa do Viño de Barro a todo o persoal da sanidade pública a través da figura de Ramón Ballesteros Arias, un enfermeiro que exerceu no centro de saúde de Barro durante case tres décadas e, unha vez xubilado, deixou unha pegada moi fonda entre a veciñanza de Barro.