Skip to content

ANUNCIO IMPORTANTE: DATA LÍMITE PARA SOLICITAR CAMBIOS DE TITULARIDADE DE PARCELAS EN ZONA CONCENTRACIÓN PARCELARIA AGUDELO – BARRO – VALIÑAS.

Infórmase a todos os interesados na zona de concentración parcelaria de Agudelo- Barro-Valiñas que, por resolución da directora xeral de Desenvolvemento Rural do 14.02.2024, se estableceu como data límite para solicitar os cambios de titularidade de fincas de substitución o día 30.03.2024, incluído.

Nota: Os negocios xurídicos de transmisión da propiedade deberán realizarse en escritura pública coa liquidación do imposto correspondente. En caso de falecemento do titular tramitarase sempre e cando exista partición de herdanza e esta afecte a fincas de substitución íntegras.

En todo caso, a persoa titular adquirinte quedará subrogada na posición da anterior titular, coas limitacións, deberes e obrigas que resulten do proceso.

Pode consultar o texto íntegro da resolución na web da Consellería do Medio Rural: mediorural.xunta.gal/es/recursos/anuncios

Máis información:

Teléfonos: 886 206 582 – 886 206 643 – 986 805 440

Luns a venres, de 9:00 a 14:00

Normativa: Artigo 41.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, modificado pola Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Para aceder ao anuncio en *.pdf prema aqui e en *.jpg prema aquí.