Nesta ligazón podedes acceder a todas as fotos de Luz iglesias:
https://www.flickr.com/…/piru…/albums/72177720313439672/
O Pazo da Crega engalánase para converterse no epicentro do Nadal, cunha programación especialmente dirixida ao público infantil
O Pazo da Crega ultima os últimos detalles para converterse no epicentro do Nadal. Unha equipa de persoas voluntarias leva semanas traballando para pór a punto unhas instalacións polas que pasarán centos de persoas durante este Nadal e que acollerá unha extensa programación na que os máis cativos será os protagonistas.
A apertura das instalacións terá lugar o venres 22, momento a partir do cal o propio Papá Nöel en persoa recibirá as nenas e nenos de Barro, que poderán entregarlle as cartas en man. O mesmo día da inauguración tamén haberá a actuación de Migallas Teatro.
Unha extensa programación que comezará con Migallas nun Pazo da Crega polo que ao longo do Nadal pasarán diferentes grupos e artistas, con actuacións pensadas para todos os públicos: Os Piñeiriños, Josele e Lucía Comesaña, o Grupo de acordeóns Rías Baixas, Aghrú acompañados de Ana Angueira, Caxoto, o grupo de danzas Amor Ruibal, as pandereteiras de Peñaflor, a coral de Curro e a Coral Polifónica de Barro, As Cegas, Branca e Negra, o mago Teto e a Banda Xuvenil de Barro.
Ademais de Papá Nöel, pola Crega tamén pasará o Apalpador o día 30 decembro e os Reis Magos, o día 5, que iniciarán desde o Pazo a tradicional Cabalgata ata a Nave da Música.
𝗢𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝘅𝗲𝘀𝘁𝗶𝗼́𝗻 𝗲𝗺𝗼𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹
As familias do IES de Barro asistiron onte a un Obradoiro de “Xestión emocional desde a familia”, organizado polo Concello de Barro e o IES de Barro.
Este obradoiro realizouse dentro das actividades promovidas polo Proxecto de prevención das condutas aditivas do Concello de Barro para a promoción de hábitos saudables entre a súa veciñanza. Complementando así, as actividades de promoción da saúde e prevención das condutas aditivas que se realizan co alumando de Barro desde hai anos.
Breogán Calviño fai o recoñecemento do percorrido da “I BTT Camiños de barro”
O youtuber Breogán Calviño realiza o recoñecemento da ruta da “I BTT Camiños de Barro”
𝗢𝗻𝗱𝗲 𝘅𝗮𝗻𝘁𝗮𝗿 𝗲𝗻 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼 𝗼 𝗱𝗶́𝗮 𝗱𝗮 ‘𝗜 𝗕𝗧𝗧 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼’?
𝗧𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗼 𝘃𝗼𝗹𝘂𝗻𝘁𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗻𝗮 𝗜 𝗕𝗧𝗧 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼
A I BTT Camiños de Barro vai acoller a arredor de 300 ciclistas nun percorrido de 40 km polo noso concello. Precisamos moitas mans para que todo saia perfecto e coa máxima seguridade.
Queres botar unha man? Contacta coa organización a través de: www.barro.gal/contacto
𝗖𝗼𝗻𝘀𝘁𝗿𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗩𝗮𝗹𝗲 𝗦.𝗟. 𝘀𝗲𝗿𝗮́ 𝗮 𝗲𝗻𝗰𝗮𝗿𝗴𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝗲𝘅𝗲𝗰𝘂𝘁𝗮𝗿 𝗲 𝘂𝗿𝗯𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮𝗿 𝗼 𝗻𝗼𝘃𝗼 𝘃𝗶𝗮𝗹 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲 𝗩𝗮𝗹𝗯𝗼́𝗻 𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗼 𝗔𝗻𝘁𝗼𝗻𝗶𝗻̃𝗼
O Goberno Munipal vén de axdudicar á empresa Construcións Vale S.L. o proxecto do novo vial que unirá os núcleos de Valbón e do Santo Antoniño.
Este proxecto consistirá na execución dun novo vial e da súa total urbanización, con servizos, alumeado e sendas peonís. Esta actuación permitirá, ademais, poder levar o saneamento a todo o lugar de Valbón unha vez que se lle poida dar saída pola ponte nova.
O proxecto conta cun orzamento de 174.986,82 euros, financiado con cargo á liña 1 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A emprexa adxudicataria da obra será Construcións Vale S.L., por ser a mellor oferta presentada e o inicio dos traballos está previsto para a primavera.
XXIII CONCURSO POSTAIS DE NADAL
Mellora dos accesos ao lugar da Porriña
Rematou a obra de mellora de accesos ao lugar da Porriña, na parroquia da Portela. Esta obra está dentro dun proxecto no que tamén se inclúe a pavimentación no lugar de Mane de Arriba.
A execución material correu a cargo da empresa COVSA S.A. e o importe total do proxecto ascende a 40.389,87 euros, financiado con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.