Os concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas van poñer en marcha un novo Programa Integrado de Emprego (PIE)
O PIE desta agrupación de concellos está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo Publico de Emprego Estatal.
Nos proxectos precedentes conseguiuse unha alta porcentaxe de colocación das persoas participantes no programa.
As persoas que poden participar son aquelas que sexan demandantes de emprego e que están empadroadas nalgún dos cinco concellos mencionados e que pertenzan aos colectivos aos que vai orientado o programa
Levaranse a cabo accións relacionadas con:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación en diversos cursos
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo
h) Prácticas profesionais non laborais en empresas.
i) Obradoiros sobre mobilidade laboral
Todas as persoas inscritas no programa percibiran unha axuda de 10€/día pola súa asistencia as diferentes actividades nas que participen. Tamén se contempla a posibilidade de sufragar servizos de gardaría para aquelas persoas que teñan fillos a cargo, para facilitarlles a súa participación no programa.
Todas as persoas interesadas poden poñerse en contacto nos teléfonos dos diferentes concellos. Barro 986714806 – 690722812, Cuntis 986548708,986532579, Caldas 986530814, Portas 986536925, Moraña 986553005