Neste orzamento municipal contémplase a conxelación de taxas e impostos por noveno ano consecutivo.
O Goberno municipal levou ao Pleno a súa proposta de orzamentos para o 2024, que ascenden a case 3.000.000 de eurostanto para gastos como para
ingresos, e aos que haberá que sumar, tan pronto se coñeza a cifra, a cantidade que lle corresponde ao concello dos fondos da Deputación de Pontevedra.
Neste orzamento contémplase, por noveno ano consecutivo, a conxelación de taxas e impostos, así como o incremento da partida destinada a gasto social, que ascenderá á máis de 735.000 euros.
Tamén se continuarán investindo 100.000 euros, ao igual que nos últimos anos, para axudar ás empresas asentadas no polígono de Outeda a aminorar o recibo do ciclo da auga, mentres non se completa o asentamento total de empresas, así como para facer fronte aos gastos de mantemento.
Referente ao polígono de Outeda, tamén se incrementa a partida dedicada á xestión do ciclo da auga, posto que a partir do vindeiro ano o concello asumirá a súa xestión total, xestión que ata o momento cooresponde á Deputación de Pontevedra.
As contas para o exercicio do ano 2024 foron aprobadas cos votos a favor dos grupos do BNG e do PSOE, e cos votos en contra dos grupos de Xuntos e PP.