𝗘𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗹𝗲𝗰𝗲𝗿-𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮 𝟮𝟬𝟮𝟯

Chega ao seu fin unha nova edición do Espazo de lecer-concilia 2023 na que se volveron bater récords de participación nunha actividade programada co fin de axudar ás familias de Barro na conciliación laboral e familiar.

🛝🏄🏼‍♀️ Estra tarde a partir das 17 h haberá na pisicina municipal unha festa infantil con DJ e colchonetas de auga para que a rapazada poida despedir o verán como se merece: xogando e pasándoo ben!

Concerto Pelepau

🎶 Nova data!!! O concerto aprazado pola Festa do Viño de Barro celebrarase o Domingo 3 de Setembro ás 20.30h no Pazo da Crega de Barro. Non o perdades!!
🎶Pelepau Sinfónico🎶

Xoves ao clareo 2023

Actividades para cativ@s e moz@s desde este mesmo xoves! A Scape Room e a Festa Holi son recomendadas a partir dos 10 anos. Máis información na OMIX de Barro.

O MONSTRO MARIÑO

🌟 Unha noite de cinema ao aire libre agarda baixo as estrelas! 🌙🎬

📅 Data: Domingo
⏰ Hora: 21:30
📍 Lugar:Pazo da Crega

Convidade a amigos, familiares e compañeiros para compartir xuntos esta experiencia única. Non importa a idade, “O Monstro Mariño” é unha película que temos que ver por moitas razóns, aquí vos deixamos algunhas:

A película resalta a importancia do traballo en equipo e a colaboración para superar obstáculos.

Fomenta a curiosidade polo descoñecido e a vontade de explorar o que xace máis aló do evidente.

Os personaxes non se renden diante da adversidade e perseveran a pesar dos desafíos.

A relación entre os personaxes reflicte a importancia da amizade e a solidariedade en momentos de crises.

A película mostra a beleza e a maxestosidade do océano, ao mesmo tempo que destaca a importancia de respectar e coidar a contorna natural.

Os personaxes aprenden a superar os seus medos e dúbidas, o que os converte en versións máis fortes e seguras de si mesmos, etc.

Vémonos no cinema ao aire libre! 🌊🎥🌌

Dándolle á lingua. Laboratorio de teatro.

DÁNDOLLE Á LINGUA. LABORATORIO DE TEATRO
Continuamos coas actividades de dinamización lingüística programadas dende fai sete anos polo Concello de Barro, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.
Esta é a terceira actividade de “Dándolle á lingua”.
No “Laboratorio de teatro” acadaredes as liñas básicas para crear unha atmosfera máxica e ideal para narrar e interpretar.
Exploraremos e potenciaremos as capacidades expresivas dos e das participantes, por medio de dinámicas e xogos, memorización e montaxe de pequenas escenas.
 
📌Día: unha vez á semana (os martes)
📌Data: Comezamos o MARTES 19 DE SETEMBRO ata o MARTES 14 DE NOVEMBRO de 2023
📌Horario: 19:30h a 21:00
 
➕ℹ️ Na OMIX de Barro.
Horario: luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado de 9:00 a 14:00 h
☎️Telefono: 986714806 – 690722812.

Barro presenta a programación cultural e de ocio para a recta final do verán co programa “Con B de Barro”

O Concello de Barro volverá ter unha gran programación cultural e de ocio pensada para todos os públicos, nas que se inclúen actividades promovidas directamente polo concello como actividades levadas a cabo por colectivos locais que contan coa colaboración municipal.

Contacontos, cine ao aire libre, festival de canto, folklore e concertos de música de cámara, festa con hinchables na piscina para os máis cativos, scape room ou ata unha festa Holi serán algunhas das actividades das que se poderá gozar en Barro a partir deste mesmo sábado e ata o mes de outubro.

O Festival do Grupo de Danzas de Barro, en tributo aos seus 40 anos de actividade e o concerto da Banxa Xuvenil de Barro co grupo Pel e pau son as actividades máis atraíntes dunha programación con contidos para todas as idades onde @s protagonistas serán unha vez máis as entidades culturais de Barro.

Lectura salvaxe

🌾Tes entre 11 e 20 anos?. Anímate a participar.
🌳 No mes de agosto, aproveitaremos os espazos naturais como escenario para mergullarnos en relatos salvaxes.
☘️Combinando lectura, a contorna natural e actividades lúdicas, pasaremos uns días diferentes.
🌿 Esta actividade realizarase os mércores 16, 23, 30 de agosto e 6 de setembro pola mañá.
🌱Inscripción: as persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas do Concello de Barro.
Os pais/nais ou titores deberán cubrir e asinar as solicitudes d@s menores de idade.

Sábados na Biblioteca


Achegarse á biblioteca é sempre un plan incríble. Este verán teremos, ademais de moitos libros, distintas actividades:

-Coas mans na masa (obradoiro) 24 de xuño
-A maleta da avoa (contacontos) 12 de agosto
-O tesouro (teatro) 15 de setembro

Entrada gratuíta.

Prazas limitadas

Inscrición na Biblioteca, no email omix@barro.es, podes solicitar o formulario para a inscripción.

Actividade financiada a través do programa #lercontamoito para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (Xunta) e o Concello de Barro.


ANUNCIO DATA LÍMITE PARA CAMBIOS DE TITULARIDADE CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERDECANAI – BARRO II

ANUNCIO

ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE PERDECANAI – BARRO II

(BARRO – PONTEVEDRA )

DATA LÍMITE PARA CAMBIOS DE TITULARIDADE

Comúnicase a todos os interesados na zona de concentración parcelaria de Perdecanai – Barro II que, por resolución da directora xeral de Desenvolvemento Rural do 18 de xullo de 2023, se estableceu como data límite para solicitar cambios de titularidade de parcelas de bases o 30 de setembro de 2023, inclusive.

Transcorrida a dita data e ata o momento de aprobación do acordo, unicamente se admitirán as solicitudes de cambio de titularidade de parcelas de achega sempre e cando o cambio afecte á totalidade das parcelas achegadas por unha persoa titular e a transmisión se faga íntegramente a outra, coa excepción dos cambios derivados de sentenzas xudiciais firmes.

En todo caso, a persoa titular adquirinte quedará subrogada na posición da anterior titular, coas limitacións, deberes e obrigas que resulten do proceso.

Pode consultar o texto íntegro da resolución na web  da Consellería do Medio Rural: mediorural.xunta.gal/es/recursos/anuncios (Para acceder ao contido da resolución prema aquí: https://barro.es/wp-content/uploads/2023/08/RESOLUCION.pdf

Para descargar anuncio prema aquí https://barro.es/wp-content/uploads/2023/08/Anuncio_DataCT_PerdecanaiBarroII_asdo.pdf