O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recibiu na Alcaldía a Silvia Gago García e a Foz Rea Tilve, dous deportistas que veñen de facer un grandísimo traballo nas súas disciplinas e que son, sen dúbida, un exemplo de traballo e constancia.
Silvia Gago é piragüista e vén de quedar subcampioa da Copa de España nas categorías de C-1 500 e C-2 500 nunha proba celebrada en Verducido, e foi a campioa galega de C-2 500 e C-2 3000 nos campionatos de Verducido e Muíños. Fiz Rea practica Kick Boxing e vén de proclamarse nada máis e nada menos que campión de España na súa categoría.
O alcalde desexoulles moitos éxitos e moitas ganas de seguir loitando e perseguindo os seus soños, pero desde logo sen deixar de lado a súa preparación académica.