Xa podedes descargar a instancia para participar na Feira de 2ª man e troco deste ano. Recordade que para formalizar a solicitude tendes entregala na Oficina Municipal de información Xuvenil do Concello. Mais información no teléfono 986714806, no mail: omix@barro.es ou nas redes sociais.
Os rapaces e rapazas do Colexio Público Amor Ruibal e a unitaria de Curro recibiron un agasallo pola súa participación no concurso de contos, material de traballo para as aulas.
Xa están convocados os campamentos 2015 así como a oferta das instalacións xuvenís. Campaña de Verán (campamentos): http://xuventude.xunta.es/2015032415694/campana-de-veran-2015.html Oferta concertada: http://xuventude.xunta.es/2015032415695/oferta-concertada-de-uso-das-instalacion-xuvenis-na-campana-de-veran-2015.html Ata o 8 de abril poden pedirse as prazas. http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html Este ano non hai folletos, toda a información necesaria está na web. Como novidade están as Quendas IMPLÍCA-T.
Prezo: O prezo será de 125 euros por neno. O prazo de presentación de solicitudes: comezará o día seguinte ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o 1 de abril do 2015. Actividades: _Saídas ó medio natural — Parque multiaventura — Tiro con arco — Deportes en equipo — Actividades acuáticas — Obradoiros Quendas: Primeira quenda: do 6 ó 11 de xullo — Segunda quenda: do 13 ó 18 de xullo — Terceira quenda: do 20 ó 25 de xullo — Cuarta quenda: do 3 ó 8 de agosto — Quinta quenda: do 10 ó 15 de agosto — Sexta quenda: do 17 &oacut...