O Concello de Barro a través da Oficina de Información Xuvenil vén a convocar o “XVI Concurso de Postais de Nadal”. - A este concurso poderán concorrer as persoas empadroadas no Concello de Barro. - As postais enviadas terán un tamaño de 21 x 14,8 cm. (medio folio DIN-A4), podendo ser en branco e negro ou en cor. Cada concursante poderá presentar como máximo dúas postais. - O tema é libre. - Presentaranse na Oficina de Información Xuvenil deste Concello, sita na Biblioteca Pública Municipal, antes das 21:00 horas do día 15 de decembro de 2016, indicando na parte posterior da postal a categoría e os datos do concursante: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo completo e teléfono. - Tódalas postais admitidas serán expostas no Pazo da Crega durante as vacacións de Nadal. Posteriormente trasladara...
BASES - A participación no Concurso é gratuíta e diríxese a persoas de máis de 16 anos (os menores precisan autorización). - Podese participar tanto individualmente como por grupos dun máximo de 5 persoas. - Os participantes que o desexen disporán dun servizo de orientación e asesoramento os martes e sábados do mes de outubro na Biblioteca de Barro, dirixido por unha técnica en audiovisuais. Inscricións: - Os interesados en participar, realizarán a súa inscrición gratuíta a través dun formulario entregado na OMIX de Barro ou a través do e-mail: omix@barro.es. Teléfono de información 986.714.806. - Xunto á cumprimentación do formulario o/a representante do equipo deberá subir o vídeo á conta de Dropbox habilitada para a ocasión que atopará no blog do festival ou entregala na OMI...