Publicacións

CONCURSO POSTAIS DE NADAL - 4

.

Premiados no Concurso de Calacús

.

Premios Nacionais de Formación Profesional de grao superior. - 2

Prazo: curso 2009-2010, ata o 15 de novembro de 2011 Por cada Administración educativa e familia profesional poderá concorrer aos Premios Nacionais de Formación Profesional de grao superior un alumno que obteña previamente Premio Extraordinario de Formación Profesional de grao superior convocado na súa Comunidade Autónoma ou no Ministerio de Educación, nos seus respectivos ámbitos de competencia e que cumpra os seguintes requisitos: -cursar e superado en centros docentes españois os estudos de Formación Profesional de grao superior, ben en réxime presencial ou en réxime a distancia. - finalizar estes estudos no ano natural ao que se refira a correspondente convocatoria. -obter cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50. A obtención do Premio Extraordinario de Formación Profesional de grao superior dará opción, previa inscrici&...

50 premios destinados ao financiamento da compra dun

Prazo: 31/10/2011 A Universidade de Vigo convoca 50 premios destinados ao financiamento da compra dun "Tablet PC". Poderá solicitar estas axudas o alumnado da Universidade de Vigo que: -Obteña premio extraordinario de bacharelato da Xunta no curso 2010/11. -Terse clasificado en calquera das fases autonómicas, nacional ou internacional dalgunha das Olimpiadas Científicas no curso 2010/11. -Acreditar unha puntuación igual ou superior a 8,5 puntos na valoración do expedente académico no bacharelato. -Acreditar unha puntuación igual ou superior a 9 puntos na valoración do expedente académico no ciclo superior de FP. Requisitos: -Matricularse por primeira vez no curso académico 2011/12 en calquera das titulacións oficiais de grao impartidas pola Universidade de Vigo. -Ter finalizado os estudos de bacharelato ou ciclo superior de FP no curso 2010/11

Premios extraordinarios ESO

20 premios de 750 € O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción. Requisitos: Ter cursado durante o curso 2010-2011 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia. A media das cualificacións dos alumnos e alumnas solicitantes debe ser igual ou superior a 9 puntos. Esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa. A media aritmética das cualificacións da etapa expresarase con dous decimais, redondeada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior, e deberá reflectirse na certificación académica á que se fai referencia no a...