BASES “ POLO NADAL COMERCIO LOCAL: BARRO DE ESCAPARATES” CONCELLO DE BARRO. O Concello de Barro organiza o presente concurso co obxectivo de involucrar os establecementos de Barro na decoración deste Nadal tan atípico, marcado pola situación sanitaria provocada polo COVID – 19; para que, entre todos e todas, se poida conseguir que estas datas continúen sendo especiais, coa ilusión e maxia que as caracteriza. Deste xeito, iluminaremos Barro e contribuiremos a levantar o ánimo da veciñanza e visitantes. Segundo. - PARTICIPANTES Poderán participar todos aqueles establecementos (comercios, hostalería e calquera outro que teña actividade económica no concello) situados no municipio de Barro, de calquera que sexa a súa actividade. Deberán adornar e iluminar o seu escaparate ou zonas exteriores con motivos de Nadal, segundo os criterios d...
BASES Campaña de dinamización da hostalaría e do comercio local: POLO NADAL COMERCIO LOCAL: MERCAR EN BARRO TEN UN LOTE DE PREMIOS O Concello de Barro organiza a presente campaña co obxectivo de estimular o consumo no comercio local de Barro neste Nadal tan atípico, marcado pola situación sanitaria provocada pola COVID – 19, cuxas consecuencias están a ser especialmente lesivas para o pequeno comercio e a hostalaría. Segundo. - PARTICIPANTES Poderán participar todos aqueles establecementos (comercios e hostalaría) situados no termo municipal de Barro e que realicen venta directa ao público. Os establecementos que participen na campaña estarán identificados cun cartel que indique a súa participación na mesma. Esta identificación, que lles será entregada desde o Concello ao formalizar a solicitude, deberá estar colocada nun lugar b...
REMATE PRAZO PRESENTACIÓN DE TRABALLOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “ConBdeBarro” a 14/09/2020 e COMEZO DO PROCESO DE SELECCIÓN DAS FOTOS GAÑADORAS. Por Resolución de Alcaldía de 16/11/2020, e a vista do empeoramento da pandemia, o Concello de Barro dá por rematado o prazo de presentación de traballos do CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “ConBdeBarro” cos traballos presentado ata o 14 de setembro do 2020. O Xurado reuniráse o 19 de novembro para seleccionar as fotografías gañadoras.
O Concello de Barro, por Resolución de Alcaldia de 14/09/2020, acordou modificar o punto terceiro das bases do CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “ConBdeBarro”, no tocante aos prazos de presentación, reunión do xurado e designación de gañadores, DEIXANDO PENDENTE A DESIGNACIÓN DE NOVAS DATAS, debido á situación de novos contaxios que está a provocar o COVID-19. No momento que se activen os prazos procederáse a súa publicación con antelación suficiente para continuar co concurso.