Publicacións

Proceso selectivo corpo de auxilio xudicial.

Prazo: do 06 ao 26 de setembro, ambos incluídos. 383 prazas: Proceso selectivo de acceso libre para cubrir as prazas comprendidas no anexo I, apartado persoal de administración de xustiza, do Real Decreto 264/2011, de 28 de febreiro, no corpo de auxilio xudicial. O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición, cos exercicios, valoracións e puntuacións que se especifican no anexo I da convocatoria.   Requisitos: graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. Máis información: BOE 05/09/2011 Ou na OMIX de Barro 986714806

FIDES

Na web do SERGAS (PREME AQUÍ) podes introducir os datos persoais, estudios, experiencia, etc. Creas un informe de meritos que posteriormente podes validar nun centro sanitario, á Dirección Provincial ou a outra entidade adscrita á Consellería de Sanidad. A continuación serán revisados nas unidades de validación e quedarán incorporados no expediente-e de cada persoa para sempre. Cando saia unha convocatoria de emprego para o SERGAS, podes inscribirte a través da rede, sen ter que volver a aportar a documentación que xa está no teu expediente-e e que será baremada. Mais información na OMIX de Barro, 986714806. No Telecentro de Barro  (con acceso gratuito a internet) podedes introducir os datos.

4 prazas do corpo facultativo superior da Xunta, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos

Prazo: 19/08/2011. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de enxeñaría de camiños, canles e portos. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación, de ser o caso. Mais información na OMIX de Barro ou no DOG: 28-07-2011

4 prazas de arquitecto técnico e 7 prazas de enxeñeiro técnico de obras públicas da Xunta de Galicia

Prazo:19/08/2011 Titulación: Arquitectos técnicos: Arquitectura técnica. Enxeñeiros técnicos de obras públicas: Enxeñaría técnica de obras públicas. Mais información na OMIX de Barro ou no: DOG: 28-07-2011 Ampliación prazo DOG: 08-08-2011Centro Informático CIXTEC Tlf. 981 54 13 00, das 8.30 ás 20.00 horas, de luns a venres e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.

15 prazas do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, polo sistema de ac

Prazo:18/08/2011. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou grao. Considerarase equivalente ao título de diplomado universitario ter superado os tres primeiros cursos completos dos estudos conducentes á obtención de calquera título oficial de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro, e o primeiro ciclo correspondente a estes estudos, sempre que este conteña unha carga lectiva mínima de 180 créditos. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación, de ser o caso. Mais información na OMIX de Barro ou no: DOG: 26-07-2011 Ampliación prazo DOG: 08-08-2011Centro Informático CIXTEC no número 981 54 13 00, das 8.30 ás 20.00 horas de lu...