Os programas de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego configúranse como programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, mediante a realización de obras ou servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado traballador a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional ocupacional recibida, relacionada directamente co dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral. A programación das escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego integrarase, na medida do posible e conforme os itinerarios de inserción profesional que se definan, en plans integrais de emprego que dean resposta ás demandas do mercado de traballo e sexan capaces de activar o desenvolvemento territorial, xerar riqueza e, consecuentemente, postos de traballo. Beneficiario: Os proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e obrad...
Convócanse subvencións en réxime de concorrencia competitiva en favor das confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia, en diante entidades, con destino á programación e desenvolvemento durante o ano 2008 de actividades propias e gastos correntes de funcionamento. Estas entidades deberán, en todo caso, estar debidamente inscritas no Rexistro Central ou nos rexistros provinciais de asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, non sendo consideradas as solicitudes das entidades non inscritas e coa totalidade dos seus datos actualizados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes Publicación: DOG de 2 de xaneiro de 2008 Data de inicio: 02.01.2008 Remata o prazo: 02.02.2008 Prazo: 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entidade: Xunta de Galicia
Convócanse dúas liñas de subvencións para: -Modalidade A: adquisición durante o ano 2008 de equipamento audiovisual, multimedia e outros de natureza análoga necesarios para o desenvolvemento das súas actividades; adquisicións de ordenadores persoais, cando vaian ser destinados pola entidade beneficiaria a actividades de carácter audiovisual, e/ou equipos de comunicación que permitan a conexión aos servizos da internet. En todo caso, terán como finalidade servir de ferramenta para que a entidade desenvolva axeitadamente as súas actividades no eido da comunicación. -Modalidade B): crear unha páxina web en galego na internet para a anualidade 2008, que deberá estar referida á entidade solicitante e ás actividades que desenvolve; os contidos da web son da responsabilidade da entidade solicitante da axuda. A páxina web deberá estar nun dominio propio cun primeiro nivel que sexa «.es» ou «.org». Terá como finalidade servir para facer divulgación e difusión das actividades que realiza a entid...
Subvencións para os seguintes fins: Modalidade A: realización do programa anual de actividades e gastos de funcionamento, entendido como o conxunto de actividades planificadas con coherencia co fin de acadar os obxectivos estatutarios dunha asociación. Modalidade B: adquisición de equipamento e material inventariable. Modalidade C: realización de proxectos de promoción xuvenil, entendidos como aqueles proxectos con carácter puntual e extraordinario que unha entidade realiza co obxectivo xeral da promoción da mocidade e como obxectivos específicos os descritos no artigo 5º, punto 3 b) desta orde. Beneficiario:Asociacións xuvenís e a entidades prestadoras de servizos á xuventude da Comunidade Autónoma de Galicia Publicación: DOG de 17 de xaneiro de 2008 Data de inicio: 17.01.2008 Remata o prazo: 18.02.2008 Prazo: 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG Entidad: Xunta de Galicia
Serán subvencionables os programas e actuacións presentados polas entidades sen ánimo de lucro sempre que desenvolvan proxectos de acción voluntaria e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, nalgunha das seguintes áreas: a) Área de sensibilización: o obxectivo destes programas será o de difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario. Trátase de fomentar o voluntariado a través de actividades de sensibilización como: -Desenvolvemento de xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a dar a coñecer a realidade das asociacións, así como á promoción e captación de voluntariado. -Realización de campañas que fomenten a sensibilización da sociedade galega cara ao voluntariado e ás súas organizacións. -Estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego nos seus diferentes niveis de actuación (local, comarcal, etc.). b) Área de formación e participación: perség...